Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7443

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (735/2008).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo cambiario nº 735/2008, actuando como parte opositora ao cambiario Urbanismos y Servicios Foralia, representada pola procuradora Sra. Alaejos Guinea e defendida polo letrado Sr. Fernández García, e como parte demandante no cambiario Banco Caixa Geral, S.A., representada polo procurador Sr. Nistal Riadigos e defendida pola letrada Sra. Fernández Amaro, ditouse sentenza o 22.4.2013, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

Decido que debo desestimar e desestimo integramente a oposición formulada pola representación procesual de Urbanismos y Servicios Foralia, e ordeno seguir adiante a execución pola cantidade inicialmente despachada.

Impóñense á demandada-opositora as custas causadas polo incidente de oposición.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este xulgado dentro do prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da súa notificación, e que se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Excavaciones M. E. Mejuto, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial