Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7441

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4136-2011-IS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4136/2011-IS.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 905/2010 Xulgado do Social número 1 de Ferrol.

Recorrente: Carlos Ángel Pérez Fernández.

Avogado: Fernando Barro Sabín. Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L. (Remonsa), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, administración concursal de Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L.

Avogados: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Alicia Llan Lodos.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4136/2011 desta sección, seguido por instancia de Carlos Ángel Pérez Fernández contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L. (Remonsa), Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, administración concursal de Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimar o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Carlos Ángel Pérez Fernández contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, do 15 de abril de 2011 en autos número 905/2011, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Reparaciones y Montajes Sardiña, S.L. (Remonsa), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou que se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial