Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7439

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6077/11 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 6077/2011 IP.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 555/2011 Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial). Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Parabrisas Orense, S.L., Juan Caride Conde.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Antonio Valencia Fidalgo

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 6077/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Parabrisas Orense, S.L. sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos.

Que estimando parcialmente o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que exerce do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra a sentenza do sete de novembro de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número tres dos de Ourense, en autos seguidos por instancia de Juan Caride Conde fronte ás entidades recorrentes e á empresa Parabrisas Orense, S.L., sobre pensión de xubilación, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza recorrida, declarando que a empresa se debe facer cargo do pagamento da totalidade da prestación recoñecida, debendo constituír o correspondente capital importe na Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre a totalidade do citado importe, sen que corresponda ningunha porcentaxe en pagamento directo ao Instituto Nacional da Seguridade Social, que debe ser absolto en canto a este aspecto e que se manteñen o resto dos pronunciamentos da sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágalles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei da xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial