Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7437

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5178/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5178/2011 desta sección, seguido por instancia de Agustín Besada Meis contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construciones y Promociones Alba Ayos, S.L., Construciones y Restauración Ayos, S.L., Casas Rústicas del Atlántico, S.L., Asepeyo Mutua de A.T. y E.P. da Seguridade Social número 151, Agustín Besada Meis, sobre recarga de accidente, ditouse a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza do 4 de febreiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social nº 3 de Pontevedra, no procedemento 1032/2009, seguido por instancia de Agustín Besada Rey, sobre recarga de prestacións, confirmando integramente a expresada resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación ás empresas Construciones y Restauración Ayos, S.L., Construcciones y Promociones Alba Ayos, S.L. e Casas Rústicas del Atlántico, S.L., todas elas con último domicilio coñecido na Lanzada, San Vicente do Mar, 65, O Grove (Pontevedra).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Expido e asino a presente.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial