Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7445

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (aclaración 735/2008).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, polo presente anuncio

No presente procedemento de xuízo cambiario nº 735/2008, actuando como parte opositora ao cambiario Urbanismos y Servicios Foralia, representada pola procuradora Sra. Alaejos Guinea e defendida polo letrado Sr. Fernández García, e como parte demandante no cambiario Banco Caixa Geral, S.A., representada polo procurador Sr. Nistal Riadigos e defendida pola letrada Sra. Fernández Amaro, ditouse auto o 2.5.2013, que aclara a sentenza ditada o 22.4.2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva

Acórdase que procede a aclaración solicitada pola representación procesual de Banco Caixa Geral, S.A., respecto da sentenza ditada por este xulgado o día 22 de abril de 2013, e que corrixe o seguinte erro material de transcrición:

No fundamento de dereito quinto debe substituírse o parágrafo segundo, que dispón «En consecuencia, resulta procedente a desestimación da oposición cambiaria e a condena da demandada ao pagamento á demandante da cantidade total reclamada de 185.526,52 euros de principal e 55.657,95 euros, prudencialmente calculados para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación; diso deberá descontarse a cantidade de 50.041,67 euros, que constan xa entregados a conta do reclamado á demandante na tramitación das presentes dilixencias mediante dilixencia de ordenación do 17 de setembro de 2012«, por «En consecuencia, resulta procedente a desestimación da oposición cambiaria, ordenando seguir adiante a execución pola cantidade inicialmente despachada».

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Paula María Bermúdez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín; dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Excavaciones M. E. Mejuto, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lalín, 2 de maio de 2013

A secretaria xudicial