Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7447

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (343/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 343/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel González Bravo, Eladio Lodeiro Castro, Manuel Álvaro Blas Rama, José Juan Figueroa Patiño, Francisco Javier García Barreiro, Manuel Peña Morandeira, José Antonio García Fariñas, José Antonio López Farto, Gabriel Gil Pombo e Jesús Pereiro Carreira contra a empresa Calsama, S.L., a administración concursal de Calsama, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse resolución o 27.1.2014, dirixida, entre outros, a Calsama, S.L., contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Calsama, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial