Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Venres, 21 de febreiro de 2014 Páx. 7448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 370/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 370/2013 por instancia de Eliseo García Barros contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L., administración concursal e Fogasa sobre despedimento, nos cales no día da data foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Fallo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Eliseo García Barros, contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto no 20 de febreiro de 2013, e condeno a que a entidade Estructuras y Obras de Galicia, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 57,73 € diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 29.559,61 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Eliseo García Barros, contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 6.090,86 € brutos, polos salarios percibidos entre decembro de 2012 e febreiro de 2013, así como a compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2012 e 2013, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, e demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, que se incorporarán a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

Para que conste e se insiara no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Estruturas e Obras de Galicia, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, salvo as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de febreiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial