Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6777

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3626/2013).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 3626/2013.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 349/2013. Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Mónica Gómez-Valades Alonso.

Avogado: Alfredo Briales de Porcioles.

Procurador: José Amenedo Martínez.

Recorrida: Emma Díaz López.

Avogado: Matías Movilla García.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

Recorrida: Vogaeventos, S.L.

Recorrido: Fondo de Garantía Salarial

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3626/2013 desta sección, seguido por instancia de Mónica Gómez-Valades Alonso contra a empresa sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que con desestimación do recurso interposto polo Concello de Vigo, confirmamos a sentenza que con data 26.6.2013 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, por instancia de Emma Díaz López e pola que se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 500 € ao letrado da parte recorrida. E igualmente acordamos, de ser o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez (10) días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Voga Eventos, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Marqués de Valladares, 3-2º, Vigo, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial