Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6779

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (143/2011).

Neste procedemento de xuízo verbal 143/2011 seguido por instancia de Galigyps Logística y Distribución, S.L. contra Javier Pais Rey ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra.

Sentenza: 26/2012.

Asunto: xuízo verbal 143/2011.

Sentenza.

En Pontevedra, 27 de febreiro de 2012.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Galigyps Logística y Distribución, S.L.

Avogado-administrador concursal: José Míguez Piñeiro.

Demandado: Javier Pais Rey (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada)».

«Resolvo:

Que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Galigyps Logística y Distribución, S.L. contra Javier Pais Rey, condeno este a lle aboar á parte demandante a suma de 3.243,46 euros nos termos e co xuro establecidos no fundamento xurídico cuarto desta sentenza.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente perante este xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino».

E atopándose o dito demandado, Javier Pais Rey, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 6 de marzo de 2012

O secretario xudicial