Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6781

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (119/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 119/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos López Martínez contra a empresa Nueva Despensa, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Carlos López Martínez fronte á empresa Nueva Despensa, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise o traballador, tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1 do ET.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 1.073,1 €.

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, calculados a razón de 40,88 €/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 31.190,42 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS e do artigo 33 ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co nº 1533.0000.36.0119.12 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533.0000.60.0119.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou cando estaba celebrando audiencia pública no día de hoxe, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nueva Despensa, S.L. expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

O secretario xudicial