Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6783

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (740/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos 740/2013 por instancia de Pilar Pérez Fernández contra Mudanzas Riazor, S.L., sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 21.11.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo estímase a demanda formulada por Pilar Pérez Fernández contra a empresa Mudanzas Riazor, S.L. e en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Mudanzas Riazor, S.L. á demandante.

Condénase a Mudanzas Riazor, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 13.179,34 euros. O aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente supoñen un importe de 9.868,70 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 48,14 euros diarios.

Condénase a Mudanzas Riazor, S.L. a lle aboar á demandante en concepto de cantidades salariais a cantidade de 12.305,26 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non desfruta do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mudanzas Riazor, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial