Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6785

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (170/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 170/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra a empresa Ctv, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial, Televisión de Galicia, S.A., Video Galicia, S.A., sobre ordinario, se ditou a sentenza nº 24, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2014

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, seguidos en materia de cantidade, promovidos por instancia de Carlos Jiménez Díaz, asistido polo letrado Sr. Rodríguez Feixoo, fronte a Televisión de Galicia, S.A. (TVG), Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), debidamente representadas pola letrada Sra. Seoane Pesqueira, CTV, S.A., representada polo letrado Sr. Comendador Rey, Editorial Compostela, S.A., representada pola letrada Sra. Blanco Outón, Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Video Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes

(…)

Resolvo que estímase integramente a demanda presentada por Carlos Jiménez Díaz fronte a Televisión de Galicia S.A., Compañía de Radio Televisión de Galicia, CTV, S.A., Editorial Compostela, S.A., Uno TV, S.L., Dub Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S.L., Sodinor, S.A., Area 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Video Galicia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condeno a Televisión de Galicia, S.A. a aboar a Carlos Jiménez Díaz a cantidade de 1.716,86 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes aos meses de xaneiro e febreiro de 2011, cantidade que se deberá incrementar co 10 % de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores por demora no pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela se pode interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Cinemar Films, S.L., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Voces Meigas e Dobeson, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial