Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (532/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento Seguridade Social 532/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Fernández Granja contra a empresa Forjas de Santiago, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza nº 25 cuxo encabezamento e resolución son como segue:

Sentenza.

En Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Juan Manuel Fernández Granja, asistido pola letrada Rosa Vila Amarelle, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), debidamente representado polo letrado do INSS Francisco Requejo Gutiérrez, fronte á mercantil Forjas de Santiago, S.A. e o seu administrador concursal Salustiano Velo Sabín, que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase esta sentenza con base nos seguintes

(…)

Resolvo que estimo integramente a demanda interposta por Juan Manuel Fernández Granja fronte ao INSS, a mercantil Forjas de Santiago, S.L. e Salustiano Velo Sabín, este último na súa condición de administrador concursal e, en consecuencia:

1º Declaro o dereito de Juan Manuel Fernández Granja a percibir unha pensión de incapacidade permanente do 75 % da súa base reguladora de 1.473,13 euros, con efectos do 23.3.2012, así como as melloras e incrementos que se establezan, condenando os demandados a se ater a esta declaración.

2º Condeno a empresa Forjas de Santiago, S.L. e a Salustiano Velo Sabín, unicamente na súa condición de administrador concursal, a que deposite na TXSS o capital-custo da diferenza da pensión, sen prexuízo do anticipo de toda a pensión polo INSS.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina María del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Forjas de Santiago, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial