Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Martes, 18 de febreiro de 2014 Páx. 6775

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2911/ 2011).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 2911/2011 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 847/2010 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: María Luisa Alado Viñas.

Avogada: María Blanca Fernández-Chao González-Dopeso.

Recorrido: Servizo Público de Emprego Estatal.

Avogado: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal.

Recorrida: Suryabheda, S.L.

Recorrido: Eduardo Tudoli Baladrón -administrador solidario Suryabheda, S.L.

R/ Cabo Santiago Gómez, 25, 7º dta., A Coruña.

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2911/2011 desta sección, seguido por instancia de María Luisa Alado Viñas contra a empresa sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que con estimación do recurso interposto por Luisa Aldao Viñas, revogamos a sentenza que con data 23.2.2011 se ditou en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 da Coruña e, acollendo a demanda, declaramos o seu dereito a percibir setenta e catro días máis do subsidio de desemprego recoñecido pola Resolución do 26.5.2010 do Servizo Público de Emprego Estatal, a quen condenamos a aboalo e a aterse a esta declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Suryabheda, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Maxistrado Manuel Artime, 26 baixo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial