Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6032

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol

EDICTO (201/2012).

Fernando Vázquez Boyero, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol, expón:

Que no procedemento ordinario número 201/2012 seguido neste xulgado por instancia de Banco Popular, S.A. (sucesora procesual de Banco Pastor) contra Juan Ramón Calvo Vázquez, se ditou sentenza o 31.5.2013, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

«Ferrol, trinta e un de maio de dous mil trece.

Vistos por Elvira Méndez Ibias, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ferrol os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos neste xulgado co número 201/2012, por instancia de Banco Popular, S.A. (sucesora procesual de Banco Pastor) representada polo procurador Antonio Rubín Barrenechea e asistida do letrado Sr. Zamorano Fernández, contra Juan Ramón Calvo Vázquez, en rebeldía; dítase a presente sentenza.

Resolvo:

Estímase integramente a demanda presentada polo procurador Antonio Rubín Barrenechea, en representación de Banco Popular (sucesor procesual de Banco Pastor) contra Juan Ramón Calvo Vázquez, cos seguintes pronunciamentos:

– Condénase o demandado a aboarlle á demandante a cantidade de 15.000 euros máis os xuros de demora pactados desde o 27.1.2012.

– Condénase o demandado ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que poderán presentar por escrito perante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación. A parte que pretenda recorrer deberá constituír un depósito de 50 euros (salvo que goce de xustiza gratuíta) na conta do xulgado baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, non se lle dará trámite ao recurso.

Así o acordo, mando e asino».

Expídese este edicto para que sirva de notificación a Juan Ramón Calvo Vázquez.

Ferrol, 23 de outubro de 2013

O secretario