Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6030

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3835/2011-MRA).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3835/2011-MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 36/2011, Xulgado do Social número 1 de Ourense.

Recurrente: Rolando de Jesús Ferreiro Tapanes.

Abogado: Benjamín Mayo Martínez.

Recurrido: Empresa José Ramón Fernández Arias, Banco Vitalicio de España Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, S.A.

Abogada: María Victoria Fernández Corral.

Eu, María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3835/2011 desta sección, seguido por instancia de Rolando de Jesús Ferreiro Tapanes contra a empresa Empresa José Ramón Fernández Arias, Banco Vitalicio de España Compañía Anónima de Seguros y Reaseguros, S.A., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Rolando de Jesús Ferreiro Tapanes contra a sentenza do 3.5.2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense no procedemento 36/2011, sobre indemnización por danos derivados de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos integramente a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar, no campo concepto, “Recurso” seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á Empresa José Ramón Fernández Arias, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial