Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6028

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2014 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico superior de xestión, grupo I, en virtude de probas selectivas convocadas por Resolución do 26 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto).

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 26 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto) para cubrir sete prazas da categoría profesional de técnico superior de xestión, grupo I, e unha vez comprobado que as persoas aspirantes reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, o reitor, de conformidade co disposto no artigo 87.j) dos estatutos da USC,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar, como persoal laboral fixo na categoría de técnico superior de xestión, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de acceso libre e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán os seus contratos no Servizo de Xestión de Persoal, situado na Casa da Balconada (rúa Nova nº 6, Santiago de Compostela), no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Categoría laboral: técnico superior de xestión
Quenda de acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

02916426A

Fabeiro Buceta, Eva María

2

44816156N

Suárez Pousa, Diego

3

16535716G

Sedano Arnáez, Fernando José

4

33310487R

Mazoy Fernández, Ramón

5

32804989C

Torrente Vilasánchez, Susana

6

32821085Q

Cacheiro Martínez, Martín

7

52450511T

Martínez Rivas, Emilio Manuel