Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6026

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 11 de febreiro de 2014 pola que se nomean os membros da Comisión técnica de valoración da proba de galego no concurso unitario de traslados de funcionarios con habilitación de carácter estatal, se convocan os concursantes para a realización da proba e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización.

Por Resolución do 29 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, convócase o concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal (BOE núm. 274, do 15 de novembro).

De acordo co disposto na base quinta da antedita resolución, en aplicación do artigo 3 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, polo que se regula o coñecemento do galego nos procedementos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os concursantes que non acrediten coa solicitude de participación no concurso estar en posesión do Celga 4 ou equivalente participarán nunha proba de galego eliminatoria.

No citado precepto establécese que a valoración da dita proba será realizada por unha comisión técnica composta por tres persoas expertas na materia, e que se nomeará por cada membro titular un suplente.

Na súa virtude, vista a proposta realizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear as persoas que a seguir se relacionan membros da Comisión técnica de valoración da proba de galego no concurso unitario de traslados para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal:

Titulares:

– Noemí Álvarez Villar.

– Pura Galán Boutureira.

– Celia Rozas Donsión.

Suplentes:

– Dina Montoya Costoyas.

– Beatriz García Turnes.

– José Gregorio Ferreiro Fente.

Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Segundo. Convocar os concursantes que non acreditaron xunto coa solicitude de participación no concurso unitario de traslados convocado por Resolución do 29 de outubro de 2013 estar en posesión do Celga 4 ou equivalente para a realización dunha proba eliminatoria de galego.

A relación de concursantes que deberá realizar a devandita proba exporase no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Administración Local e na páxina web http://www.eidolocal.es

Terceiro. A proba terá lugar o vindeiro día 14 de febreiro de 2014, ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, nº 2-4, en Santiago de Compostela.

Os concursantes deberán ir provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo da comisión.

Non se permitirá o acceso ao lugar da proba con teléfono móbil, axendas ou demais dispositivos de carácter electrónico.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza