Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6034

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (566/2008).

Procedemento: divorcio contencioso 566/2008.

De José Manuel Bellón Bellón.

Contra Lorraine Vanessa Bellón Bellón.

Procurador: Antonio Rubín Barrenechea.

No xuízo citado ditouse sentenza do 9 de maio de 2012, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

«Resolvo acordo estimar a demanda presentada por José María Bellón Bellón contra Lorraine Vanessa Bellón Bellón, nacida Marner, e:

1º Declaro a disolución por divorcio do matrimonio entre eles contraído o 20.11.1991, en Londres, inscrito segundo certificado de matrimonio na oficina de rexistro do barrio de Bromley, Londres e no Rexistro Civil Central español, segundo copia do libro de familia expedido polo Registro Civil Consular de Londres e con referencia ao tomo 67, páxina 105.

Inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil Central español.

2º Establezo como alimentos da filla maior de idade dependente dos seus proxenitores e a cargo da demandada, a cantidade de 150 euros mensuais, actualizables conforme o índice de prezos de consumo ou índice similar cada 1º de ano, que se actualizará en 2013, e debidos desde o 8.9.2011, data de notificación da demanda no domicilio da demandada.

3º Non procede realizar condena en custas.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

En virtude do acordado nos autos de referencia, expido o presente edicto para a súa notificación a Lorraine Vanessa Bellón Bellón.

Ferrol, 26 de abril de 2013

O secretario xudicial