Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6035

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (1086/2012).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Astilleros y Construcciones Lagoa, S.A. fronte a Mariano José Viña Cedrón ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 68/2013.

Xuíza que a dita: María Pedreira García.

Lugar: Lugo.

Data: vinte e oito de febreiro de dous mil trece.

Demandante: Astilleros y Construcciones Lagoa, S.A.

Avogado: Carlos Fontán Domínguez.

Procurador: Manuel Faustino Mourelo Caldas.

Demandado: Mariano José Viña Cedrón.

Procedemento: xuízo verbal 1086/2012-M.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O procurador Manuel Mourelo Caldas, en nome e representación de Astilleros y Construcciones Lagoa, S.A., interpuxo demanda de xuízo verbal contra Mariano José Viña Cedrón en reclamación de 3.540,12 euros. Admitida a trámite por decreto do catro de decembro de dous mil doce, acordouse a citación das partes e celebración da vista o día vinte e oito de febreiro de dous mil trece ás dez horas.

Segundo. Citadas as partes para a vista cos apercibimentos legais, celebrouse esta co resultado que consta na gravación.

Terceiro. Nas presentes actuacións observáronse todos os trámites procedementais establecidos na lei.

Fallo:

Estímase a demanda interposta polo procurador Manuel Mourelo Caldas, en nome e representación da mercantil Astilleros y Construcciones Lagoa, S.A. contra Mariano José Viña Cedrón, en situación procesual de rebeldía.

Condénase a demandada a aboar á parte demandante a suma de 3.540,12 euros de principal, cos xuros legais.

Impóñense as custas á demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interpoñerse ante este mesmo xulgado no prazo dos vinte días seguintes a que se notifique esta resolución.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

E encontrándose o devandito demandado, Mariano José Viña Cedrón, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial