Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6037

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (383/2013).

María de la Concepción Albés Blanco, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo, fago saber que nos presentes autos se ditou sentenza cuxo encabezado e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 184/2013.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: sete de novembro de dous mil trece.

Demandante: Orquidea da Gloria Martins Soares.

Avogada: Elena Valcarce Rodríguez.

Procuradora: Paula Llorden Fernández-Cervera.

Demandado: Pedro Miguel Rodrigues Ballester.

Procedemento ordinario: 383/2013.

Seguen antecedentes de feito e fundamento de dereito:

Resolución:

Estímase a demanda presentada pola procuradora Paula Llorden Fernández-Cervera, en nome e representación de Orquidia da Gloria Martins Soares, contra Pedro Miguel Rodrigues Ballester.

Condénase o demandado ao aboamento da suma de 9.500 euros máis os xuros legais desde a presentación da demanda (29.5.2013) e os previstos no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Impóñense as custas á parte demandada.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 2745000004064311, sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación.”

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, mediante este notifícase ao demandado Pedro Miguel Rodrigues Ballester, declarado en rebeldía procesual no presente procedemento e en ignorado paradoiro, e a sentenza insírese para os fins acordados nela.

Vigo, 22 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial