Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6039

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (98/2012).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido a instancia de Banco Gallego, S.A. fronte a Ana González García e José Luis Mata Sánchez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 140/2013.

En Betanzos o vinte e un de novembro de dous mil trece.

Vistos por min, Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 98/2012 por instancia de Banco Gallego, S.A., con domicilio en Santiago de Compostela, praza de Cervantes, 15, con NIF A80042112, representado polo procurador dos tribunais, Manuel J. Pedreira del Río e asistido do letrado José Manuel Pampín García, contra José Luis Mata Sánchez, con DNI 32766622-V, e Ana González García, con DNI 32630806-Q, en ignorado paradoiro, en situación de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador Sr. Pedreira del Río, en nome e representación de Banco Gallego, S.A., debo condenar e condeno a José Luis Mata Sánchez e Ana González García a aboar a aquela entidade a cantidade de nove mil setenta e seis euros con sesenta e tres céntimos (9.076,63 euros) máis xuros moratorios pactados desde a data de peche da conta.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado e para a audiencia no prazo de vinte días a contar desde ao seguinte da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os devanditos demandados, Ana González García e José Luis Mata Sánchez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 28 de novembro de 2013

A secretaria xudicial