Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Xoves, 13 de febreiro de 2014 Páx. 6041

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (103/2012).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Daniela Castro Cañas, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 122/2013.

En Betanzos o quince de outubro de dous mil trece.

Vistos por Carmen Castro Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario 103/2012 promovidos por Banco Bilbao Vizcaya, S.A., representado polo procurador Manuel J. Pedreira del Río e asistido do letrado Pedro Sánchez Rodilla, contra Daniela Castro Cañas, en ignorado paradoiro e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Pedreira del Río, en nome e representación da entidade Banco Bilbao Vizcaya, S.A., debo condenar e condeno a Daniela Castro Cañas a que aboe a aquela a cantidade de dezasete mil cento corenta e cinco con oitenta e seis euros (17.145,86 euros) máis o xuro de demora do 20 % anual desde o día 10 de outubro de 2009 ata o seu completo pagamento.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado e para a Audiencia da Coruña, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose a devandita demandada, Daniela Castro Cañas, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 13 de decembro de 2013

A secretaria xudicial