Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5685

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1040/2011.

Xulgado de orixe dos autos: demanda 874/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrentes: Mutua Midat Cyclops, Eloy Martínez Besteiro.

Recorridos: INSS e outros.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1040/2011, recurso de casación para unificación de doutrina 287/13-S, seguido por instancia de Mutua Midat Cyclops, Eloy Martínez Besteiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

M. Asunción Barrio Calle.

Na Coruña o 16 de xaneiro de 2014.

O anterior escrito presentado polo letrado Juan Ignacio Aguirre González en representación de Mutua Midat Cyclops únase ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, perante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Emprácense as empresas en ignorado paradoiro a través do DOG.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Granitos Fernández y González, S.L., Gragonfer, S.L., Extraga, S.L. y Gramorper Extracciones, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial