Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5683

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2014 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala facultativa de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas de acceso á escala facultativa de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo, convocadas por Resolución do 4 de abril de 2013 (DOG do 15 de abril) e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, na Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades e nos estatutos da Universidade de Vigo.

Esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala facultativa de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo a Ana Quiroga Fraga, DNI ****2870Z, que mantén o actual destino definitivo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 62 da Lei 7/2007, do 12 de abril, e tomar posesión do posto de traballo no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de xaneiro de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo