Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (250/2013).

Número de autos: modificación substancial de condicións laborais 250/2013 F.

Demandante: María Pilar Pérez García.

Avogada: Antía Muruzabal Pérez.

Demandados: Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A., Investigación y Planificación, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de modificación substancial de condicións laborais 250/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Pilar Pérez García contra a empresa Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A., Investigación y Planificación, S.L., sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Número de autos: modificación substancial de condicións laborais 250/2013.

Demandante: María Pilar Pérez García.

Avogada: Antía Muruzabal Pérez.

Demandados: Investigación Planificación y Desarrollo, S.A. Investigación y Planificación, S.L., Fogasa, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A.

Auto.

Maxistrada xuíza: Milagritos Belso Sempere.

Na Coruña o dezaseis de xaneiro de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nos presentes autos seguidos entre as partes que figuran no encabezamento, ditouse sentenza do 4 de decembro de 2013, en cuxa resolución por erro material se declarou que “contra ela non cabe ningún recurso”.

Segundo. Que a representación legal da parte demandante presentou escrito solicitando a aclaración da decisión da resolución de referencia xa que considera que se trata dunha modificación substancial de carácter colectivo das reguladas polo artigo 40.2 do ET, contra as cales si cabe interpoñer recurso de suplicación de acordo co establecido nos artigos 138.6 en relación co artigo 191.e) da LRXS.

Fundamentos de dereito.

Único. Visto o artigo 214 da Lei de axuizamento civil, e demais concordantes e de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo aclarar a sentenza do 4 de decembro de 2013 e rectificar a súa resolución no sentido de corrixir a frase de “Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso”, pola de “Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe anunciar recurso de suplicación de conformidade co establecido nos artigos 138.6 e 191.e) da LRXS”.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Investigación, Planificación y Desarrollo, S.A., investigación y Planificación, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial