Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Martes, 11 de febreiro de 2014 Páx. 5689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (301/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 301/2011, por instancia de mutua de accidentes de traballo Mugenat contra Jorge Teijido Lorenzo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Luis Rodríguez Amado, S.A., sobre seguridade social, en que recaeu sentenza con data do 7 de xaneiro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión.

Estímase a demanda interposta pola mutua Mugenat contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Jorge Teijido Lorenzo e a entidade Luis Rodríguez Amado, S.A. e, en consecuencia:

– Revógase a resolución administrativa ditada pola Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social con data do 17 de decembro de 2010.

– Declárase que Jorge Teijido Lorenzo non se encontra afecto de ningún dos graos de incapacidade legalmente previstos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante, dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Luis Rodríguez Amado, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial