Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (956/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 956/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Manuel Bermúdez Lema contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza 13/2014.

Autos 956/2011.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo número 956/2011, seguidos por instancia de Óscar Manuel Bermúdez Lema, representado polo letrado Sr. Martínez Manteiga, contra a empresa Carpinox Coruña, S.L.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade formulou Óscar Manuel Bermúdez Lema, fronte a Carpinox Coruña, S.L.L., con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 7.399,73 euros, que se incrementarán cos xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en canto aos conceptos salariais.

Modo de impugnación. Advírtese as partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, co número 1532/0000/36/0956/11, debendo indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social Suplicación”, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario ao primeiro requirimento indefinido por tal cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpinox Coruña, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial