Unha vez publicada no DOG do 16 de xaneiro de 2014 a convocatoria do concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, obsérvase a necesidade de introducir unha serie de modificacións e correccións técnicas para perfilar mellor a valoración de méritos e a xestión das bases por parte da Comisión de Valoración.
Logo de informar a Xunta de Persoal Funcionario de Administración e Servizos da UDC, esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, resolve modificar a Resolución do 2 de xaneiro de 2014 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos, nos seguintes termos:
Primeiro. A base terceira, no primeiro parágrafo do punto 2.1, queda redactada do seguinte xeito:
«2.1. Esta fase está dirixida á comprobación e á valoración dos méritos específicos das persoas aspirantes a postos de nivel de complemento de destino igual ou superior ao 28».
Segundo. A base cuarta, no primeiro parágrafo, queda redactada do seguinte xeito:
«As solicitudes para tomar parte neste concurso e o modelo de currículo axustaranse ao modelo que se publica como anexo II desta resolución e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña, nos rexistros auxiliares do Campus de Elviña e do Campus de Esteiro en Ferrol, ou nas restantes formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), no prazo de quince días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia».
Terceiro. Inclúese no anexo da relación de postos vacantes de persoal funcionario o posto que se relaciona no anexo I.
Cuarto. Publícase un novo modelo de currículo no anexo II.
Quinto. Publícase unha nova táboa de equivalencias no Marco europeo común de referencia das linguas no anexo III.
Esta modificación supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de quince días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso de reposición ante este órgano.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2014
Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña
ANEXO I
Nº posto |
Posto |
C. destino |
N. C. específico |
C. específico |
Tipo |
Provisión |
Subgrupo |
Escalas especiais |
Quenda |
Campus |
Formación específica |
Área |
Unidade |
Centro |
100 |
Xefe de negociado de servizos |
21 |
21 |
560,71 |
S |
C |
A2/C1 |
M |
C |
Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica |
Xerencia |
ANEXO II
Modelo de currículo
(Deberán numerarse os xustificantes por orde correlativa e farase constar o número nos correspondentes recadros)
Apelidos: |
Nome |
NRP: |
||||||
Corpo/escala: |
Grupo: |
|||||||
Posto que ocupa: |
Nivel: |
Nº RPT |
Situación administrativa |
|||||
Destino definitivo (cubrir só no caso de ser distinto que o posto que ocupa): |
Centro/unidade: |
Nivel: |
Nº RPT |
1. Grao persoal consolidado: ____
2. Traballo desenvolvido:
Denominación do posto |
Centro/unidade |
Nivel |
Desde |
Ata |
3. Antigüidade na Administración:
Servizos prestados noutras administracións (recoñecidos) en: Anos � Meses � Días �
Servizos prestados no sistema universitario de Galicia (recoñecidos) en: Anos � Meses � Días �
4. Cursos de formación xeral e específica:
Denominación |
Impartido por |
Horas |
Nº xustif. |
5. Titulación académica:
�Graduado escolar ou equivalente
�Bacharelato, ciclo medio de FPI ou equivalente
�Ciclo superior de FP
�Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente
�Grao
�Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente
�Mestrado oficial
�Doutor
�Segundas e sucesivas titulacións universitarias: ______________________________
__________________________________________________________________
6. Coñecemento da lingua galega:
�Curso de Celga 3
�Curso de Celga 4
�Curso de linguaxe administrativa nivel medio
�Curso de linguaxe administrativa nivel superior ou Celga 5
7. Coñecemento de idiomas:
1º Idioma: _______________________
�C2
�C1
�B2
�B1
�A2
�A1
2º Idioma: _______________________
�C2
�C1
�B2
�B1
�A2
�A1
8. Grupo do corpo ou escala de pertenza:
�Grupo A1
�Grupo A2
�Grupo C1
�Grupo C2
A Coruña, _______de _________ de 2014
Asdo: __________________
ANEXO III
Táboa de equivalencias no Marco europeo común de referencia das linguas
|
A1 |
A2 |
B1 |
B2 |
C1 |
C2 |
Alemán |
Start Deutsch 1 ÖSD (GD 1, KD1) |
Start Deutsch 2 EOI básico 2, DSD-A2, ÖSD (GD 2, KD2) |
Zertifikat Deutsch (ZD) EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), DSD I, ÖSD (ZD, ZDj) |
TestDaF Goethe Institut B2, ÖSD MD |
TestDaF Goethe Institut C1, ÖSD OD |
Zentrale Oberstufen- |
Catalán |
|
Certificat de nivell bàsic de català |
Certificat de nivell elemental de català |
Certificat de nivell intermedi de català |
Certificat de nivell suficiència de català |
Certificat de nivell superior de català |
Chinés |
HSK I |
HSK II |
HSK III |
HSK IV |
HSK V |
HSK VI |
Danés |
|
Prøve i Dansk 1 |
Prøve i Dansk 2 |
Prøve i Dansk 3 |
Studieprøven |
|
Éuscaro |
|
|
PL 1 - IVAP y Osakidetza |
PL 2 - IVAP y Osakidetza |
Euskararen Gaitasun Agiria (EGA) |
Laugarren maila/nivel 4 HABE |
Finés |
|
Suomen kieli perustaso 1 |
Suomen kieli perustaso 2-3 |
Suomen kieli keskitaso 4-5 ylintaso 5 |
Suomen kieli |
Suomen kieli |
Francés |
Diplôme initial de langue française (DILF), Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF A1), TCF niveau 1, TEF 1 |
Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF A2), EOI básico 2, TCF niveau 2, CEFP 1, TEF 2 |
Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF B1), EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), TCF niveau 3, CEFP 2, TEF 3 |
Diplôme d´Etudes en Langue Française (DELF B2), EOI (avanzado 2, 2º ciclo superior), TCF niveau 4, TCF-DAP, TEF 4 |
Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C1), TCF niveau 5, DS, TEF 5 |
Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF C2), TCF niveau 6, DHEF, TEF 6 |
Grego |
|
CGL Level A` |
Elinomathias Elemental, Bebaevsh Ellhnomaqeiai (Veveosi linomathias) CGL Level B` |
Elinomathias Vantage, Epipedo Eparkias, CGL Level C´ |
CGL Level D´ |
|
Inglés |
Preliminary English Test (PET), GESE 2. LTE A1, ILTS A1 |
Key English Test (KET), |
Preliminary English Test, (PET), BEC 1, |
First Certificate in English (FCE), TOEFL iBT B2 |
Certificate in Advanced English (CAE), LTE 4, ILTS C1, TOEFL (iBT, cBT, pBT) C1, |
Certificate of Proficiency in English (CPE), LTE 5, Certificate of Proficiency U. Michigan, ILTS C2, |
Italiano |
Diploma Elementare di CILS A1 |
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 1 (CELI 1), PLIDA A2, EOI básico 2, CILS A2, DELI |
Diploma Intermedio di Lingua Italiana (DILI/DILC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 2 (CELI 2), PLIDA B1, EOI (intermedio 2, 3º ciclo elemental), CIC 1, CILS Uno |
Diploma Avanzado di Lingua Italiana (DILI II) |
Diploma Commerciale di Lingua Italiana (DALI / DALC) Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 4 (CELI 4), PLIDA C1, CIC A, CILS Tre |
Certificato di Conoscenza della Lingua Italiana Livello 5 (CELI 5), PLIDA C2, CILS Quattra |
Xaponés |
N5 (antigo 4-kyû) |
N4 (antigo 3-kyû) |
N3 |
N2 (antigo 2-kyû) |
N1 (antigo 1-kyû) |
|
Luxemburgués |
|
Zertifikat Lëtzebuergesch als Friemsprooch (ZLaF) |
Éischten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (1DLaF) |
Zweten Diplom Lëtzebuergesch als Friemsprooch (2DLaF) |
|
Ieweschten Diplom Lëtzebuergesch |
Neerlandés |
|
Profiel Toeristische en Informele Taalvaardigheid (PTIT) |
Profiel Maatschappelijke Taalvaardigheid (PMT) |
Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen I (NT2-I) |
Staatsexamen Nederlands als Tweede Taal Examen II (NT2-II) |
|
Noruegués |
|
|
Språkprøven i norsk for voksne innvandrere |
|
Test i norsk for fremmed-språklige Høyere nivå |
|
Portugués |
|
Certificado Inicial de Português Língua Estrangeira (CIPLE) |
Diploma Elementar de Português Língua Estrangeira (DEPLE) |
Diploma Intermédio de Português Língua Estrangeira (DIPLE) |
Diploma Avançado de Português Língua Estrangeira (DAPLE) |
Diploma Universitário de Português Língua Estrangeira (DUPLE) |
Ruso |
I. Pushkin (certf. 5 meses) |
Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ B) Basico/Bazoviy, I. Pushkin (diplom 2 anos) |
Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ I) Primero/Perviy, I Pushkin (diplom 4 anos) |
Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ II) Segundo/Vtoroy |
Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ III) Tercero/Tretii |
Test of Russian as a Foreign Language (TORFL/ТРКИ IV) Cuarto/Chetvertiy |
Sueco |
|
|
Sfi-provet |
|
Test in Swedish for University |
|
Valenciano |
|
Certificat de coneixements orals de valencià |
Certificat elemental de coneixements de valencià |
Certificat mijtà de coneixements de valencià |
Certificat superior de coneixements de valencià |