Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2014 Páx. 4504

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (430/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos número 430/2013 por instancia de Ruth Cordero Corzo contra a empresa Dick and Paul, S.L., sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Ruth Cordero Corzo, contra a empresa Dick and Paul, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto a demandante con data do 9 de febreiro de 2013, con efectos do 25 de febreiro de 2013, condenando a entidade Dick and Paul, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a inmediata readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 36,57 euros diarios, ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 1.206,70 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ruth Cordero Corzo contra a empresa Dick and Paul, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Dick and Paul, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 2.291,16 euros líquidos polos salarios devindicados entre decembro de 2012 e febreiro de 2013, incrementados co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Dick and Paul, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial