Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (780/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 780/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Secundino García Cousillas contra a empresa Hoseaz José Seijas Vázquez sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 725/2013

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 780/2013.

Demandante: Secundino García Cousillas.

Letrado: Sr. Pedreira Candal.

Demandado: Hoseaz José Seijas Vázquez.

Letrado:

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza 725/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

Resolución:

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Secundino García Cousillas contra a empresa Hoseaz José Seijas Vázquez e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza.

2. Condeno a demanda a pagar, en concepto de indemnización a cantidade de 18.858,31 euros.

O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Hoseaz José Seijas Vázquez, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial