Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3581

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (748/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 748/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Rey Álvarez contra a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 723/2013

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 748/2013.

Demandante: Pablo Rey Álvarez.

Letrado: Sr. Noya Rodríguez.

Demandado: Transportes Arrive IS S-20, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza 723/2013.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

Resolución:

Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Pablo Rey Álvarez contra a empresa Transportes Arrive IS S-20, S.L., por considerar caducada a acción exercida e, en consecuencia, absolvo a demandada de todas as peticións formuladas contra ela.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación a Transportes Arrive IS S-20, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 30 de decembro de 2013

A secretaria xudicial