Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2014 Páx. 3585

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se empraza Manuel Barros Rivadulla para ser notificado por comparecencia.

Tentada por dúas veces a comunicación de información sobre obrigas a Manuel Barros Rivadulla, a través do servizo de Correos no domicilio particular que consta na Dirección Xeral da Función Pública, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por ausente na repartición e non retirado no primeiro envío e por descoñecido/a no segundo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 59.5, en conexión co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase Manuel Barros Rivadulla para ser notificado da comunicación por comparecencia.

A comunicación que se pretende notificar foi adoptada pola Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a comunicación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública