Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3123

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2468/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2468/2011 (-FF-).

Xulgado de orixe/autos: demanda 724/2009 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra.

Recorrente: Cándido García Barbosa.

Avogado: Álvaro Hinrichs Álvarez.

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

Recorridos: Fogasa, ABS Coldstore, S.L., Frigorífico Puerto de Arosa, S.L.

M. Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2468/2011 desta sección, seguido por instancia de Cándido García Barabosa contra Frigorífico Puerto de Arosa, S.L., ABS Coldstore, S.L. e Fogasa, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Ditaminamos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación de Cándido García Barbosa contra a sentenza ditada o día trinta e un de xaneiro de dous mil once nos autos 724/2009 do Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Frigorífico Puerto de Arosa, S.L., revogamos esta e no seu lugar condenamos a referida empresa ao aboamento, a favor da parte demandante, da cantidade de 4.493,96 € brutos (3.580,12 € netos), así como o xuro de mora do 10 % polos conceptos obxecto de reclamación na presente litis. Con absolución do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Frigorífico Puerto de Arosa, S.L. e ABS Coldstore, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2014

A secretaria xudicial