Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3120

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2014, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Ao estar vacante un posto na relación de postos de traballo de persoal funcionario da USC, a xerente, en exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por medio da Resolución reitoral do 1 de agosto de 2011 e de conformidade co previsto no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convocar concurso de libre designación para a provisión do posto vacante que se relaciona no anexo I, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da Universidade (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela); no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avda. de Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. As persoas aspirantes deberán xuntarlle á solicitude un currículum vítae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Cuarta. No caso de resultar seleccionado persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento a que figure adscrito.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2014

María Lourdes Batán Aira
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Investigación e Innovación.

Número de praza: PF000276.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 502,49 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II
Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de participación no procedemento de libre designación, convocado pola Resolución da xerencia do 13 de xaneiro de 2014

DATOS PERSOAIS

DNI

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DESTINO ACTUAL

CORPO OU ESCALA A QUE PERTENCE

SUBGRUPO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

DENOMINACIÓN DO POSTO:

NÚMERO DE PRAZA:

O/A abaixo asinante solicita ser admitido/a na convocatoria a que se refire esta solicitude e declara que son certos os datos consignados nela, que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria e que se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

…………………………………….,………..de…………… de 2014

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela