Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2014 Páx. 3125

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (987/2012).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario nº 987/2012 seguido por instancia de Eduardo González Pérez fronte a Balcón da Xunqueira, S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Ana Araceli Muñoz Martín.

Lugar: Vigo.

Data: vinte de xuño de dous mil trece.

Demandante: Eduardo González Pérez.

Avogado: Guillermo Barros Díaz.

Procuradora: María Tamara Ucha Groba.

Demandada: Balcón da Xunqueira, S.L.

Avogado/a:

Procurador/a:

Procedemento: procedemento ordinario 987/2012.

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por Eduardo González Pérez fronte a Balcón da Xunqueira, S.L. debo declarar e declaro a resolución do contrato privado de compravenda do 28 de decembro de 2005 subscrito polas partes, e condeno a Balcón da Xunqueira, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 144.000 euros máis os xuros legais desde a data de entrega das respectivas cantidades segundo o recollido no fundamento cuarto.

Imponse o pagamento das custas á parte demandada.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes á súa notificación, que se interpoñerá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente:

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, sinalando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

(Segue sinatura da maxistrada xuíza).

E encontrándose o devandito demandado, Balcón da Xunqueira, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 24 de xullo de 2013

O secretario xudicial