Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (905/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 905/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Diego Arriaga Chareyre contra Fondo de Garantía Salarial, Grupo Riotorto, S.L., Promotora Rocanor, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Auto.

Maxistrado xuíz.

Miguel Herrero Liaño.

A Coruña, 19 de decembro de 2013.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Diego Arriaga Chareyre interpuxo demanda fronte ao Fondo de Garantía Salarial, Grupo Riotorto, S.L., Promotora Rocanor, S.L., que foi admitida a trámite, sinalándose para a celebración dos actos de conciliación e xuízo, pola Resolución do 14 de outubro de 2013, o día 19 de decembro de 2013 ás 10.00 horas.

Segundo. Ao acto de conciliación/xuízo non compareceu o demandante, que estaba debidamente citado.

No día e hora sinalados chamáronse as partes, unha vez comprobada a constancia en autos de que se realizara a súa citación en forma, e non comparecera a parte demandante.

Fundamentos de dereito.

Único. Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (artigo 83.2 da Lei de xurisdición social).

Dispón o artigo 83.2 da Lei de xurisdición social que se o demandante citado en forma non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o secretario xudicial no primeiro caso e o xuíz ou tribunal no segundo, considerarán que desiste da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño considerar que Diego Arriaga Chareyre desiste da súa demanda fronte ao Fondo de Garantía Salarial, Grupo Riotorto, S.L., Promotora Rocanor, S.L., de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos e déixese certificación no procedemento correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin terán plenos efectos e as notificacións intentadas sen efecto neles serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 da Lei de procedemento laboral).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado xuíz O/A secretario/a xudicial

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Riotorto, S.L., Promotora Rocanor, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial