Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2014 Páx. 1807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1367/2010).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1367/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Pablo Fernández Simil contra a empresa Fiestas de Galicia 2007, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Juan Pablo Fernández Simil contra Fiestas de Galicia 2007, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 1.065,92 euros, e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe ao demandante a devandita suma máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, coa responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fiestas de Galicia 2007, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2013

A secretaria xudicial