Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (469/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 469/2013 por instancia de María José Corbeira Castro contra Lopher-Build, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración en data 16.12.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Auto.

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

A Coruña, dezaseis de decembro de dous mil trece.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que con data 18.11.2013 se ditou sentenza nos presentes autos pola que se admitía parcialmente a demanda interposta por María José Corbeira Castro.

Segundo. Que a letrada Mónica Freire Dosil, en representación da parte demandante, con data 4.12.2013 presentou escrito en que solicitaba aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no dito escrito.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: "os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal".

Segundo. No presente caso, en virtude da solicitude do Fondo de Garantía Salarial, será de aplicación o artigo 10.1.b) da LRXS, que establece: "No acto de xuízo, a parte titular da opción entre readmisión ou indemnización poderá anticipar a súa opción, para o caso de declaración de improcedencia, mediante expresa manifestación en tal sentido, sobre a cal se pronunciará o xuíz na sentenza, sen prexuízo do disposto nos artigos 111 e 112".

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Procede a aclaración do fundamento de dereito sexto e o ditame da sentenza, os cales quedarán do teor literal seguinte:

Sexto. Por último e en relación coa solicitude de extinción da relación laboral instada polo Fogasa, á cal non se opón a demandante, procede acceder a ela pois o artigo 23.3 da LRXS dispón expresamente que o dito órgano disporá de plenas facultades de actuación no proceso como parte, e poderá opor toda clase de excepcións e medios de defensa, mesmo os persoais do demandado e cantos feitos obstativos, impeditivos ou modificativos poidan dar lugar á desestimación total ou parcial da demanda, e a súa intervención será obrigatoria no caso de empresas desaparecidas (23.2 da LRXS); no presente caso acreditarase que a empresa foi dada de baixa na Seguridade Social o 21 de outubro de 2013, polo que poderá exercer a opción a que se refire o artigo 110.1.b) da LRXS. Neste sentido a STSX de Murcia do 8 de xullo de 2013.

Ditame:

"Estímase parcialmente a demanda formulada por María José Corbeira Castro fronte á empresa Lopher-Build, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Lopher-Build, S.L., á demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral que une a demandante María José Corbeira Castro coa empresa Lopher-Build, S.L. na data da presente resolución.

– Condénase a empresa Lopher-Build, S.L. ao aboamento da indemnización de cento trinta e catro euros con sesenta e un céntimos de euro (349,99 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña".

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A secretaria xudicial»

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lopher-Build, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial