Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (796/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 796/2013 por instancia de Juan José Fernández Dacoba contra a empresa Trebalugue, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 3.12.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Juan José Fernández Dacoba fronte a Trebalugue, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Trebalugue, S.L. ao demandante.

– Condénase a Trebalugue, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 64.481,76 euros, cuxo aboamento determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 9.570,66 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 51,18 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Trebalugue, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial