Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (291/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número SSS 291/13 por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, a TXSS, Benjamín Carballo Rivero, Razos Sistemas Comunicación Visual, S.A. e Sabón Proyectos 2000, S.L., sobre seguridade social, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Benjamín Carballo Rivero, Trazos Sistemas Comunicación Visual, S.A., e Sabón Proyectos 2000, S.L. e, en consecuencia, debo absolver e absolvo os demandados das pretensións contra eles articuladas.

Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia, debo declarar e declaro o Instituto Nacional da Seguridade Social como responsable do aboamento da prestación recoñecida a Benjamín Carballo Rivero, por incapacidade permanente en grao de total derivada por enfermidade profesional en Resolución do 29 de xaneiro de 2013, e debo condenar e condeno ao seu aboamento o Instituto Nacional da Seguridade Social.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Sabón Proyectos 2000, S.L. co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial