Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETJ 245-13).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 245/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Luis Montero Ares, contra a empresa APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado auto en data do 13 de decembro de 2013, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a José Luis Montero Ares demanda de execución con Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., San Rent, S.L. e Millarent, S.L. e condeno as devanditas empresas a aboaren solidariamente ao demandante 64.226,46 euros en concepto de indemnización e 17.340,61 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento da presente resolución, continúe a presente execución como monetaria polo importe total de 81.567,07 euros, máis 8.156,7 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo as que adopten a forma de auto ou sexan resolucións definitivas.

E para que sirva de notificación a APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial