Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (865/2012 M).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 865/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Míguez Camino contra a empresa Asociación Profesional Agraria Xóvenes Agricultores, foi ditada a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013.

Parte dispositiva.

Acordo:

– Aprobar a avinza alcanzada entre as partes neste procedemento.

– Ter por desistida a demandante da demanda presentada contra terceiro. A parte demandante desistiu da demanda presentada contra a Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Comuni-K2, Social Media 21, Asociación Agraria de Novos Agricultores de Galicia-ASAJA Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego-AMFAR Galicia, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal Afrifoga, Asociación de Propietarios Rurales y Productores de Caza de Galicia-Aproca, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media, Consorcio Renasci.

– E arquivar as presentes actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LJS.

A secretaria xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás codemandadas Asociación Comuni-K2, Social Media 21, Asociación de Xestión e Aconsellamento Integral, Asociación Social Media en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial