Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Martes, 14 de xaneiro de 2014 Páx. 1522

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (259/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 259/2013.

Demandantes: Humberto Lens Sarasquete, Cipriana Carmen Mos Álvarez, Enrique García Pampín.

Graduada social: Matilde Mallo Nieves.

Demandada: Isla Vionta, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 259/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cipriana Carmen Mos Álvarez, Humberto Lens Sarasquete e Enrique García Pampín contra a empresa Isla Vionta, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto en data 18 de decembro de 2013 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo declarar o executado Isla Vionta, S.L., en situación de insolvencia total, por importe de 23.655,09 euros de principal (a Cipriana Carmen Mos Álvarez, 4.765,34 €, a Humberto Lens Sarasquete, 10.915,31 euros e a Enrique García Pampín, 7.974,44 euros), máis 2.365,50 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño deste nas presentes actuacións.

Arquívese este procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 5076 no Banco Español de Crédito, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Isla Vionta, S.L. expido o presente.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2013

A secretaria xudicial