Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1383

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1884/2011).

Xulgado de orixe/autos: demanda 1412/2009 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogada: Alicia Llan Lodos. Fax: 981 66 43 16.

Recurridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Conszoa, S.L., Eladio García García.

Avogado: Ltdo. SS/Ltdo. Sergas/DOG/David Rodríguez Salvado.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 1884/2011-MFV desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Sergas, Conszoa, S.L., Eladio García García, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Gallega contra a sentenza do 17 de xaneiro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en proceso promovido pola Mutua recorrente fronte a Eladio García García, o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde e a empresa Conszoa, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada. De acordo co disposto no artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, a Mutua recorrente debe aboar os honorarios do letrado do demandado-impugnante do seu recurso por importe de seiscentos euros (600 €)».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Conszoa, S.L, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que deban revestir forma de auto o sentencia ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial