Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1382

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2489/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2489/2013 desta sección, seguido por instancia de Umano Servicios Integrales, S.L. contra a empresa Diverservicios 2000, S.L., Germán Mera Besada, Grupo Seguriber Umano, S.L., Diverservicios 2000 Limpieza, Grupo Antares Servicios Integrales XXI, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa demandada Umano Servicios Integrales, S.L. contra a sentenza do 25 de marzo de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos de Vigo nos autos nº 1074/2012, seguidos por instancia do demandante Germán Mera Besada, contra as demandadas, sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia, condenando a empresa recorrente a que aboe a cantidade de 550 euros en concepto de honorarios do letrado impugnante do recuso».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Grupo Antares Servicios Integrales XXI, S.L.,coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de decembro de 2013

A secretaria xudicial