Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (851/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 851/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Juan Manuel Villares López, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción contra o demandado Juan Manuel Villares López, debo condenar e condeno ao demandado a que aboe á demandante a cantidade de 160,26 euros, xa incluída a recarga por demora, en concepto de achegas non pagadas no período de xaneiro de 2008 a decembro de 2010, así como ao aboamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en forma a Juan Manuel Villares López, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 19 de decembro de 2013

O secretario xudicial