Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 21 de novembro de 2013 de desistencia da petición de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, regulada na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2013/142-2.

Intentada a notificación do acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin a vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interporse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 10 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/142-2.

Nome: Vanesa Rey Fernández.

DNI/NIF: 33351831-Z.

Último enderezo coñecido: rúa Ancares, s/n, 27640 Becerreá, Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia da petición da solicitude.