Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axuda do programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (IEE), regulado na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 16 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR340K2009/40-2 e TR340K2009/41-2.

Intentada a notificación do acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 12 de decembro de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR340K2009/40-2.

Nome: Construcciones Avi Mendes, S.L.

DNI/NIF: B27395912.

Último enderezo coñecido: r/ Cardeal Rodrigo de Castro, 35,1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro desta orde por un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1, obrigas das persoas ou entidades beneficiarias, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR340K2009/41-2.

Nome: Construcciones Avi Mendes, S.L.

DNI/NIF: B27395912.

Último enderezo coñecido: r/ Cardeal Rodrigo de Castro, 35,1º, 27400 Monforte de Lemos, Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores contratados ao abeiro desta orde por un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 20.1, obrigas das persoas ou entidades beneficiarias, da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.