Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Luns, 13 de xaneiro de 2014 Páx. 1425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de decembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as procedencias de reintegro de axudas e subvencións do programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa aos expedientes TR341D 2009/166-2, TR341D2009/182-2, TR341D2009/183-2 e TR341D2009/346-2.

Intentada a notificación do acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 10 de decembro de 2013

Alberto Linares Fenández
Xefe territorial de Lugo.

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2009/166-2.

Nome: Yolanda Rodríguez Rodríguez.

DNI/NIF: 34257706B.

Último enderezo coñecido: r/ Reboredo, 30, 4º C, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2009/182-2.

Nome: Francisco Javier Arias González.

DNI/NIF: 34267255S.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel Hermida Balado, nº 2, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 30 de decembro de 2008.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2009/183-2.

Nº de expediente: TR341D 2009/346-2.